Menu

jueves, 18 de octubre de 2012

O acibeche.

Se houbese clases sociais entre os amuletos pétreos tradicionais galegos o acibeche estaría no cumio, sería a clase aristocrática destas pedras valedoras. O acíbeche é carbón petrificado convertido en lignito, considerada dende a antigüidade como unha pedra semipreciosa pola súa relativa escaseza, o seu brillo e a súa cor. É unha pedra de intensa cor negra, moi fráxil e susceptible de ser puído. Foi denominado polos clásicos succinum nigrum e lapis gagotes polos romanos. Empregouse dende antigo para realizar colares, colgantes, sortellas, pendentes e poderosos amuletos como a figa. Atribúeselle ademais un carácter terapéutico, protector, máxico e considérase como un material defensivo que protexe contra as malas enerxías e a mala ollada. Ten a capacidade de cargarse electricamente e de atraer pequenos anacos de papel. Segundo Carmen Baroja:

“El azabache como sustancia es el magno preservativo; se enciende con aguas y se apaga con aceite; ahuyenta la mirada del basilisco y recrea las sofocaciones de la madre; en sahumerios da a conocer la gota coral y la virginidad; cocido en vino cura los males de dientes y los lamparones. Se usó para la axiomancia y no se quema si ha de suceder lo que se desea saber”.

O traballo artístico do acibeche con fins ornamentais acadou o seu máximo esplendor nos artesáns composteláns ata tal punto que se converteu en símbolo da cidade dando incluso nome a unha rúa —Rúa da Azabachería—, e quedou estreitamente ligado ó culto xacobeo, xa que o acibeche era traído a Santiago dende Asturias polos comerciantes que utilizaban o Camiño de Santiago como ruta de traslado do material durante séculos. Con el confecciónanse as famosas figas que posiblemente sexa o amuleto galego por excelencia que une a virtude valedora que ten o acibeche contra o mal de ollo e a peculiar forma do amuleto; unha man cos dedos cruzados a modo de defensa contra o mal de ollo.

TÍTULO: A pedra da pezoña e outras pedras sandadoras da cultura popular galega.

AUTOR: Rafael Quintía Pereira.

Revista electrónica Galicia Encantada.

Ano 2009. ISSN: 1887-2859

Acibeche en bruto semipulido.Susi Gesto.

martes, 16 de octubre de 2012

Raigames&Acibeche

Esta colección fala de min mesma e das miñas inquedanzas. Fala da orixe da miña paixón pola ourivería e dos multiples camiños a onde esta é capaz de te poder levar.Desde hai séculos en Compostela tallouse o azabache até dárlle un acabado perfecto e pulido. Na colección Raigames aposto polo acibeche  e o metal no seu estado máis puro ou semipulido, acadando así o reflexo proprio da nosa natureza. Un reflexo  natural, sem pulidos superficiais que disfrazan unha peza xa fermosa de seu. 
Aproveito para darlle unha vez máis as  grazas a Ugía Pedreira, pola súa gran colaboración, para conmigo.
portada